Contidos
Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de naturaleza diversa e cun nivel de dificultade adaptado a os obxectivos propios de etapa postobrigatoria.
Producción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación lingüística.
Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito documentado e cun vocabulario riguroso, que lle proporcionen ao alumnado os redimen-tos do discurso científico.
Aplicación e respecto polas normas básicas que rexen o intercambio e a interacción comunicativca.
Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da información.
Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración positiva do esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.
Lingua e Texto
Propiedades do texto: a coherencia e a cohesión. Análise de procedementos lingüísticos básicos a aplicación ás propias producións. A progresión temática.
Fonética e fonoloxía. Descrición de fonemas.
Variedades dialectais. Bloques e áreas dialectais. Principais trazos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos. O texto dialectal.
Estrutura e formación de palabras. Tipos de morfemas e análise morfolóxica.
Sintaxe: unidades e funcións sintácticas. Análise sintáctica.
Semántica: campos semánticos. Relacións e cambios semánticos. Definición de palabras.
Reflexión e comprensión dos principais conceptos de lingüística xeral que teñen que ver coa comunicación e a linguaxe: comunicación, linguaxe, lingua, unidades linqüísticas, signo lingüístico, funcionalidade lingüística e disciplinas lingüísticas.
Reflexión sobre o concepto de rexistro lingüístico, os seus tipos a as súas manifestacións Lingüísticas. Aplicación dás producións propias dos coñecementos adquiridos. Análise do rexistro en producións alleas.
Recoñecemento da presentación e corrección ortográfica como dúas propiedades textuais que se deben aplicar ás producións propias. Casos de ortografía dubidosa.
Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, e características lingüísticas. Substantivo e adxectivo: xénero e número, o grao do adxectivo, as conxuncións comparativas.
Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, e caracteristicas lingüísticas. Outras palabras adnominais (artigo, desmostrativo, posesivo, cuantificadores e identificadores). Caracterización e tipoloxía.
Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, e características lingüísticas O verbo: a conxugación verbal regular e irregular. Perífrases verbais. O infinitivo conxugado: descrición e usos.
Texto argumentativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, e características lingüísticas. Os conectadores: preposicións e conxuncións. Caracterización e tipoloxía. As locucions prepositivas. O adverbio: caracterización e tipoloxía. As locucións adverbiais.
Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, e características lingüísticas. Os pronotes: caracterización e tipos; funcións e usos.